Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «herba».
  •   Pronuncia: /ˈɛɾβa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

herba (sg: herba; pl: herbas)

 
Herbas
 
Prado
 
Planta de Cannabis sativa var. indica, de onde se obtén a herba ou marihuana.
  1. (Botánica) Denominación xenérica para as plantas de caules herbáceos (non leñosos) e verdes. Normalmente son de ciclo anual ou bienal.
    • Exemplo: Estou lendo 'Sombra do aire na herba', de Pimentel.

  2. (Colectivo) Conxunto destas plantas.
    • Exemplo: Mañá cedo hai que ir apañar herba.

  3. (Coloquial) Marihuana, cánnabis.
    • Exemplo: Podes pasarme algo de herba?

Observacións

Numerosas especies herbáceas denomínanse popularmente co nome de herba máis algún cualificativo:

Locucións:

  • En herba: dise do trigo, centeo, etc., que aínda non maduraron.
  • Herba seca: feo, herba segada e seca que se dá a comer ó gando.
  • Herba ventureira: calquera herba que medra entre os cultivos e contra a que loitan os agricultores porque fan diminuír a produción da leira. Sinónimo: mala herba.
  • Mala herba: herba ventureira.
  • Medrar como a mala herba: aplícase ós problemas e dificultades que xorden inesperadamente.
  • Sentir medrar/nacer a herba: presumir de ser moi perspicaz e darse de conta de todo.

Traducións


Asturiano

  •   Pronuncia: /ˈeɾ.βa/ (AFI)

  Substantivo feminino

herba (sg: herba; pl: herbes)

  1. Herba.


Catalán

  •   Pronuncia: oriental /ˈer.bə/, occidental /ˈeɾ.βa/ (AFI)

  Substantivo feminino

herba (sg: herba; pl: herbes)

  1. Herba.