anel
Galego
- Pronuncia: /aˈnɛl/ (AFI)
anel (sg: anel; pl: aneis)
- Pequena tira circular, xeralmente de metal precioso, que se usa nos dedos como un adorno ou símbolo.
- Calquera obxecto de forma circular. Argola, elo.
- Corpo circular que rodea certos planetas.
- (Botánica) Cada unha das formas circulares visíbeis nun corte transversal do tronco das árbores, que corresponde a unha fase do seu desenvolvemento.
- (Zooloxía) Cada unha das partes constituíntes do corpo segmentado dalgúns animais.
- (Matemáticas) Estrutura alxébrica formada por un conxunto e dúas operacións.
Traducións
Traducións
|
|
Véxase tamén
Portugués
- Pronuncia: /ɐˈnɛl/ (AFI)
anel (sg: anel; pl: anéis)
- Anel.