Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «anemone».
  •   Pronuncia: /a.nɛ.'mo.ne/ (AFI)

  Substantivo feminino

anemone (sg: anemone; pl: anemones)

  1. (Botánica) Planta herbácea, vivaz, da familia das ranunculáceas, que ten un rizoma tuberoso, poucas follas nos talos, e flores de seis pétalos, grandes e vistosas, das que se cultivan diferentes especies, con flores de cores distintas.
    • Exemplo: No xardín había varias especies de anemones.

  2. (Botánica) Flor desas plantas.
    • Exemplo: Enriba da mesa había un floreiro de anemones.

  3. (Zooloxía) Anemonia sulcata, pólipo solitario da subclase dos hexacoraliarios, que vive fixado nas rochas mariñas, de cor parda ou gris, corpo brando, cilíndrico e contráctil, coa boca rodeada de varias filas de tentáculos que ao se estenderen fan que o animal pareza unha flor.
    • Exemplo: As anemones liberan substancias tóxicas como medio de defensa.

Observacións

Na 3ª acepción son sinómimos actinia, anemone de mar e apegón.