Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «anemone de mar».
 
Anemone de mar no Aquarium Finisterrae da Coruña

  Locución substantiva feminina

  1. (Zooloxía) As anemones de mar, tamén chamadas actinias, apegóns, ou sinxelamente, anemones, son especies pertencentes á orde dos actiniarios (en linguaxe científica, Actiniaria), cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios. Son animais mariños sésiles, que se fixan normalmente ao substrato, nalgunas ocasións á area do fondo, mais a maioría, como é o caso das verdadeiras actinias, ancóranse a soportes máis sólidos, como as rochas. As súas dimensións oscilan entre 1,5 cm e os 2 m de altura.