antropoceno
Galego
- Etimoloxía: do inglés Anthropocene, e este do grego ἄνθρωπος (anthropos) (ser humano) e grego καινός (kainós) (novo)
antropoceno (sg: antropoceno; pl: antropocenos)
- (Historia) Época histórica, a máis recente do período Cuaternario, caracterizada polos cambios xeofísicos e biolóxicos causados polo home, cambios que provocaron un impacto significativo na xeoloxía da terra e nos ecosistemas.
- Exemplo: Aínda non existe consenso entre os científicos sobre se o Antropoceno é realmente unha escala de tempo xeolóxico.
- Observacións: Nesta acepción escríbese con maiúscula inicial: "Antropoceno".
- Observacións: O Antropoceno abarcaría, segundo uns, desde a Revolución industrial do XVIII, ou, segundo outros, desde os anos 50 do século XX.
- Exemplo: Aínda non existe consenso entre os científicos sobre se o Antropoceno é realmente unha escala de tempo xeolóxico.
- (Xeoloxía) Pertencente ou relativo ó Antropoceno.