autogamia
Galego
- Etimoloxía: da contracción do prefixo «auto-» e o termo do grego antigo γάμια.
- Pronuncia: /awtoˈɣamja̝/ (AFI)
autogamia (sg: autogamia; pl: autogamias)
- (Bioloxía) Fecundación na que os gametos femininos dun organismo hermafrodita son fecundados por gametos masculinos procedentes dese propio organismo.
- Sinónimos: autofecundación.
- (Bioloxía) Sexualidade propia dalgúns organismos unicelulares na que se unen dous núcleos haploides dunha mesma célula, procedentes dun único núcleo primitivo, para formar un cigoto diploide.
- Sinónimos: autofecundación.