barbada de area
Galego
barbada de area (sg: barbada de area; pl: barbadas de area)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Especie de peixe mariño da familia dos lótidos. Atópase polas costas do océano Atlántico europeo e o mar Mediterráneo, en zonas rochosas, alimentándose de vermes e crustáceos. De pequeno talle, alongado, con manchas marróns, lembra a unha anguía con tres barbelas na cabeza, coa segunda aleta dorsal e a aleta anal percorrendo o seu corpo.