Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «barbada da pedra».
 

  Locución substantiva feminina

barbada da pedra (sg: barbada da pedra; pl: barbadas da pedra)

  1. (Alimentación) (Ictioloxía) Especie de peixe mariño da familia dos lótidos. Atópase polas costas do océano Atlántico europeo e o mar Mediterráneo, en zonas rochosas, alimentándose de vermes e crustáceos. De pequeno talle, alongado, con manchas marróns, lembra a unha anguía con tres barbelas na cabeza, coa segunda aleta dorsal e a aleta anal percorrendo o seu corpo.

Nome científico

Sinónimos: barbada de area, mariola.

Traducións