bocarte
Galego
- Pronuncia: /boˈkaɾte̝/ (AFI)
bocarte (sg: bocarte; pl: bocartes)
- (Ictioloxía, alimentación) Peixe azul, graxo, da familia dos engraúlidos (Engraulidae), semellante á sardiña pero máis pequeno.
- Sinónimos: bocareo.
- Exemplo: O nome de bocarte venlle por ter a boca moi grande, que termina moi por detrás do ollo.