Galego

  •   Pronuncia: /ka.'βei.ro/ (AFI)

  Adxectivo

cabeiro (ms: cabeiro; mpl: cabeiros; fs: cabeira; fpl: cabeiras)

  1. Que está situado no cabo ou extremo.
    • Exemplo: As miñas leiras están nas terras cabeiras da parroquia.

Termos relacionados

tripa cabeira

  Substantivo masculino

 
Cabeiros dun tigre
  •   Pronuncia: /ka.'βei.ro/ (AFI)

cabeiro (sg: cabeiro; pl: cabeiros)

  1. (Anatomía) Dente que acaba en punta situado, na especie humana e en moitos mamíferos, entre o último incisivo e o primeiro premolar.
    • Exemplo: Os tigres teñen os cabeiros longos, curvados e moi afiados. Os cabeiros das víboras están conectados a unha glándula velenosa.

Sinónimos

cairo, canino, canteiro, queiro