cabrón
Galego
- Pronuncia: [kaˈβɾoŋ] (AFI)
singular | plural |
cabrón | cabróns |
cabrón
- (Gandaría) Macho da cabra adulto.
- Sinónimos: bode, castrón, chibo, godallo, macho cabrío.
- Exemplo: Vou á feira a mercar un cabrón.
- (Vulgar) Marido ou amante que tolera as infidelidades da súa esposa ou compañeira.
- Sinónimos: cornudo.
- Exemplo: É un cabrón e está tan tranquilo.
- (Vulgar) Insulto que se dirixe a unha persoa que fixo algo con mala intención para amolar á outra.
- Exemplo: Xuro que ese cabrón vai pagar o que me fixo.
- Observacións: Nesta acepción o termo admite o xénero feminino: mira ti para esa cabrona!
- Exemplo: Xuro que ese cabrón vai pagar o que me fixo.
Observacións
- As acepcións 2ª e 3ª, vulgares, fan que esta palabra sexa tabú, mesmo na 1ª.
Termos relacionados
Traducións
- Asturiano: cabrón (ast) (1), castrón (ast) (1)
- Castelán: cabrón (es) (1) (2) (3)
- Catalán: cabró (ca) (1) (2) (3)
- Francés: (1) bouc (fr), (3) salaud (fr)
- Italiano: caprone (it) (1)
- Portugués: cabrão (pt) (1) (2) (3)
macho da cabra