Galego

  •   Pronuncia: /kapiˈtal/ (AFI)

  Substantivo feminino

capital (sg: capital; pl: capitais)

  1. (Xeografía) Cidade na que reside a autoridade do estado ou os órganos de goberno dunha entidade administrativa.

Traducións

  Substantivo masculino

capital (sg: capital; pl: capitais)

  1. (Economía) Recursos económicos móbiles dunha empresa ou persoa.
  2. (Lingüística) Recurso baseado na aproximación do dialecto propio á norma da lingua.

Traducións

  Adxectivo

capital (sg: capital; pl: capitais)

  1. As letras "capitais" son as maiúsculas.

Traducións