carbón
Galego
- Etimoloxía: do latín carbo, -ōnis
- Pronuncia: /kaɾ.ˈβoŋ/ (AFI)
carbón (sg: carbón; pl: carbóns)
- Rocha sedimentaria de cor negra ou marrón, cun grande contido de carbono, utilizada en diversos procesos industriais.
- Sinónimos: carbón mineral.
- Termos relacionados: turba, lignito, hulla, antracita.
- Restos de vexetais sometidos a unha combustión lenta e incompleta, secan, ennegrecen e teñen unha grande capacidade calórica como combustible.
- Sinónimos: carbón vexetal..
- Pau carbonizado empregado para debuxar.
- Debuxo que resulta de empregar esta técnica.
- (Alimentación) Doce típico do Nadal de aspecto negro e rocoso, duro, cun alto contido de azucre, que se lle regala aos nenos polos Reis cando non se portaron ben.
Tipos de carbón
- antracita, cun 90% ou máis de carbono.
- hulla, con do 80 ao 85 % de carbono.
- lignito, co 70 % de carbono.
- turba, co 60 % de carbono.
Termos relacionados
carbón activado, carbón activo, carbón animal, carbón de coque, carbón de pedra, carbón mineral, carbón vexetal, papel carbón