carrizo
Galego
- Pronuncia: /kaˈriθʊ/ (AFI)
carrizo (sg: carrizo; pl: carrizos)
- (Ornitoloxía) Paxaro insectívoro de aspecto arredondado e plumaxe arroibada; é moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa) e adoita levar a cola erguida. Fan niños moi traballados.
- Troglodytes troglodytes
- Exemplo: O chasco e mais o carrizo/ e mais o escarabello/ anduveron ós moquetes/ no medio do aparello.