Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cenoria».
 
[1]
  •   Pronuncia: /θeˈnɔɾja̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

cenoria (sg: cenoria; pl: cenorias)

  1. (Botánica) Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, que se cultiva pola súa raíz comestible, de forma cónica e cor habitualmente alaranxada. É unha herba de ata un metro de altura, coas follas tri- ou bipinnadas, o talo lixeiramente pubescente, e densas umbelas de pequenas flores brancas. A raíz é lixeiramente doce, rica en betacaroteno, e consómense en numerosas preparacións, crúa e cocida.
  2. (Alimentación) Por antonomasia, a raíz desta planta, usada en gastronomía.

Traducións