comadre
Galego
- Etimoloxía: do latín tardío commāter, -tris (madriña)
comadre (sg: comadre; pl: comadres)
- (Socioloxía Madriña do bautizo, dito en relación co padriño ou en relación ós pais da criatura.
- (Socioloxía Veciña ou amiga coa que se ten especial confianza.
- Exemplo: Miña comadre Manoela, non hai muller como ela: os ósos dállos ó home e a carne cómea ela.
- Observacións: A palabra comadre foi elixida Palabra do Ano en 2022 pola Real Academia Galega en base a esta segunda acepción.
- Exemplo: Miña comadre Manoela, non hai muller como ela: os ósos dállos ó home e a carne cómea ela.