costela
Galego
- Etimoloxía: do latín costa(m), "lado"
costela
singular | plural |
costela | costelas |
- (Anatomía) Cada un dos ósos longos e combados que forman a caixa torácica que protexe pulmóns e corazón.
- Sinónimos: arco do peito, pau.
- Exemplo: A consecuencia do accidente rompeu un brazo e dúas costelas.
- Termos relacionados: costal, costas, costelar, costeleiro, costela moumiña, conta-las costelas, medi-las costelas.
- Por extensión, rexión das costas.
- Exemplo: Por lacazán, levou unha manta de paus nas costelas.
- Exemplo: Por lacazán, levou unha manta de paus nas costelas.
- (Alimentación) Peza de carne procedente da musculatura que rodea as costelas, cunha parte destas.
- Exemplo: Para comer, temos costela de vitela.
- Sinónimos: costeleta.
- Exemplo: Para comer, temos costela de vitela.
- Tira de madeira que se utiliza para fabricar cestos, canizos do carro e útiles semellantes.
- Sinónimos: costrán.
- (Mariña) Caderna dun barco.
- Trampa para cazar paxaros.
- (Figurado) Esposa, muller dun.
Traducións
Óso
|
|
Portugués
- Etimoloxía: do latín costa(m), "lado"
- Pronuncia: /kuʃ.ˈtɛ.lɐ/ (AFI)
costela (sg: costela; pl: costelas)