dina
Galego
- Etimoloxía: unidade lexicalizada a partir da sigla formada do sintagma depresión illada en niveis altos.
dina (sg: dina; pl: dinas)
- (Formal) Fenómeno metereolóxico de baixa presión en que unha corrente de ar frío fica separada da circulación atmosférica e sitúase a altitudes máis elevadas.
- (Informal) Por extensión, situación meteorolóxica que pode provocar chuvias e treboadas intensas e grandes estragos, habitual na costa mediterránea en época outonal.
- Sinónimos: gota fría
- Exemplo: As vítimas mortais polo paso da dina na cidade de València ascenden a 13.Nós Diario. (2024) A DINA deixa polo menos 211 mortes e un número aínda incerto de desaparicións.
Traducións
Bibliografía
- "A DINA deixa polo menos 211 mortes e un número aínda incerto de desaparicións", Nós Diario, 2 de novembro de 2024.
- "A DINA que afecta València e Castela-A Mancha xa é o terceiro maior desastre natural da historia do Estado", Nós Diario, 30 de outubro de 2024
- "La palabra que se usa en Galicia para hablar de la DANA: el resto de España la desconoce", El Español, 6 de novembro de 2024.
- "Mira que din: DINA", O Portal das Palabras, 14 de novembro de 2024.