depresión
Galego
- Etimoloxía: do latín dēpressiōnem.
- Pronuncia: /depɾeˈsjoŋ/ (AFI)
depresión (sg: depresión; pl: depresións)
- (Xeoloxía) Zona do relevo situada a un nivel inferior que a superficie veciña.
- (Psicoloxía) Trastorno psíquico caracterizado por un estado de tristeza e desánimo, por veces con ansiedade.
- (Economía) Descenso significativo da actividade económica.
- (Tecnoloxía) Baleiro creado nun pistón en movemento descendente.
Termos relacionados
- depresión atmosférica
- depresión barométrica
- depresión do horizonte
- depresiómetro
- depresionario
- depresivo
- depresor
- deprimente
- deprimido
- deprimir
- deprimóxeno