Galego

  •   Pronuncia: /do.ku.men.ˈtaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

documentar

  1. Demostrar ou xustificar a verdade de algo mediante documentos.
    • Exemplo: Este historiador, na súa última obra, documentou a existencia de personaxes históricos até agora descoñecidos

      .
  2. Proporcionar documentación, información ou calquera tipo de datos importantes sobre un asunto determinado.
    • Exemplo: O profesor documentounos ben sobre a cultura dos celtas

      .

  Verbo pronominal

  1. Adquirir documentación ou información sobre un determinado asunto.
    • Exemplo: Para facer o seu traballo documentouse no Arquivo do Reino de Galicia

      .

Termos relacionados

documentábel, documentable, documentación, documental, documentalmente.


Traducións


Castelán

  Verbo

documentar

  1. Documentar.


Portugués

  Verbo

documentar

  1. Documentar.