donicela
Galego
- Pronuncia: /doniˈθɛla̝/ (AFI)
donicela (sg: donicela; pl: donicelas)
- (Zooloxía) Animal mamífero, o máis pequeno dos mustélidos. Ten corpo pequeno, longo e moi flexible, cabeza roma que non supera o grosor do pescozo, cun fociño pequeno e algo alongado. As extremidades e a cola son relativamente curtas; esta última abarca menos da metade da súa lonxitude corporal. En latitudes máis altas a pelaxe durante o verán é escura, pero varía xeograficamente de pardo leonado escuro ou chocolate escuro a pardo avermellado pálido ou rubio. O ventre e zonas inferiores, incluíndo a mandíbula e a cara interna dos membros, son brancas.
Traducións
- Nome científico: Mustela nivalis.
- Asturiano: mustadiella (ast), colleralba (ast), denunciella (ast), rataliga (ast).
- Castelán: comadreja (es).
- Cheién: xáa'e (chy)
- Francés: belette (fr).