Galego

  •   Pronuncia: /es.pa.ɾe.'ʃer/ (AFI)

  Verbo transitivo

esparexer

  1. Facer que algo ocupe máis espazo.
  2. Distribuír en distintas direccións o que estaba xunto.
  3. Separar os grans dun cereal da palla.

  Verbo intransitivo

esparexer

  1. Espallar, andar cos pés cara a fóra.

  Verbo pronominal

esparexerse

  1. Estenderse en distintas direccións, espallarse.
  2. Ocupar máis espazo.