etiquetaxe
Galego
- Pronuncia: /ɛtikeˈtaʃe̝/ (AFI)
etiquetaxe
- Acción de marcar un produto cunha etiqueta.
Traducións
Nota
Na etiquetaxe dos alimentos inclúese non só a propia etiqueta impresa ou pegada sobre o produto ou o seu envase, senón tamén calquera indicación, marca de fábrica ou comercial, e mailos debuxos, fotografías ou signos relacionados co produto alimenticio que figure no envase, rótulo, faixa ou colar que o acompañe ou se refira a el, mesmo a publicidade sobre o mesmo.