Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «eufemismo».
 
¿Quen non dixo algunha vez "Vou visitar ó señor Roca"?
  •   Pronuncia: /ewfeˈmismo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

eufemismo (sg: eufemismo; pl: eufemismos)

  1. (Lingüística) Recurso lingüístico co que se evita unha palabra ou expresión que designa algo noxento, molesto ou malsoante, substituíndoa por outra expresión máis agradable ou decorosa que non ten as connotacións da palabra orixinaria.
    • Exemplo: Dicir que as candorcas "interaccionan" cos veleiros é un caso de eufemismo para non falar de "ataques".

Termos relacionados

Traducións