Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «exame».
 
Unha embarazada nun exame médico
  •   Pronuncia: /e'ksame̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

exame (sg: exame; pl: exames)

  1. Observación coidadosa e atenta.
    • Exemplo: Temos que facer un exame da situación. Someteuse a un exame médico.

  2. Proba ou conxunto de probas que se fan a unha persoa para determinar as súas aptitudes.
    • Exemplo: Meu neto está estudando moito para os exames de fin de curso.