Cada unha das unidades en que se divide o limbo dunha folla, no caso das follas compostas, unidas ó longo dun pecíolo común. Normalmente, cada folíolo adopta a forma dunha pequena folla co seu correspondente pedúnculo. O freixo ou a nogueira teñen follas compostas.