Galego

  Substantivo masculino

(sg: limbo; pl: limbos)

  1. (Astronomía) Bordo dun corpo celeste visto por un observador situado na Terra.
  2. (Astronomía) Círculo luminoso que se forma arredor dalgúns astros, tamén chamado halo, auréola ou circo (da lúa).
  3. (Botánica) Estrutura laminar, ancha e de formas diversas, que forma a folla dun vexetal. A cara superior chámase face e a inferior, envés. A forma, cor, bordo, etc. son caracteres que permiten identifica-la especie de que se trate. Normalmente, o limbo está formado por unha soa peza (folla simple), pero hai numerosas especies que presentan follas compostas, nas que o limbo está dividido nun número variable de unidades ou folíolos.
  4. (Relixión) Para os católicos, lugar onde supostamente ían as almas dos cativos que morrían antes de seren bautizados. Actualmente, a Igrexa xa non considera dogma de fe a existencia do limbo.

Véxase tamén