envés
Galego
envés m (sg. / pl. envés)
- Cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta, en contraposición coa face, a cara inferior da folla. A epiderme do envés é diferente da da face, presenta unha cutícula máis fina, maior número de estomas e, cando a folla os ten, maior número de tricomas (pelos epidérmicos). Adoita ser dunha cor máis clara cá face.
- Por ext. Lado ou cara menos brillante, menos perfecta, de certos obxectos, teas, etc., que non está á vista.