Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «frontal».
  •   Pronuncia: /fɾonˈtal/ (AFI)

  Adxectivo

frontal

  1. Relativo á fronte.
    • Exemplo: A vea frontal parecía que ía estoupar.

  2. Situado na parte dianteira de algo.


  Substantivo masculino

 
Cranio humano: en amarelo, o frontal

singular plural
frontal frontais
  1. (Anatomía) Óso do cranio sobre o que asenta a fronte.
    • Observacións: actúa tamén como adxectivo: O óso frontal é impar, o óso temporal é par.
  2. Parte superior, horizontal, de portas ou ventás.

Traducións


Francés

  Adxectivo

frontal (ms: frontal; mpl: frontaux; fs: frontale; fpl: frontales)

  1. Frontal.