gálico
Galego
- Pronuncia: /ˈɡaliko̝/ (AFI)
gálico (ms: gálico; mpl: gálicos; fs: gálica; fpl: gálicas)
- (Historia) Relativo aos galos da Galia.
- Relativo a Francia e os franceses.
- (Química) Relativo ao ácido gálico.
gálico (sg: gálico; pl: gálicos)
- (Historia) (Lingüística) Lingua céltica empregada na Galia.
- (Patoloxía) Enfermidade infecciosa de transmisión sexual producida pola bacteria Treponema pallidum, unha espiroqueta, que provoca lesións en diferentes tecidos do corpo.
- Sinónimos: lúes, morbo gálico, sífilis.
- Termos relacionados: galicoso.