gárgola
Galego
gárgola
- Etimoloxía: do francés gargouille, orixinado de gargalo ou gorxa, en latín gurgulio, gula, todas palabras semellantes derivadas da raíz gar-, engulir.
gárgola (sg: gárgola; pl: gárgolas)
- (Arquitectura) En arquitectura, as gárgolas son desaugadoiros, ou sexa, son a parte saínte dos canalóns dos tellados que se destinan a botar as augas pluviais a certa distancia da parede e que, especialmente na idade media, eran ornadas con figuras monstruosas, humanas ou animalescas, comunmente presentes na arquitectura gótica. No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida. As quimeras, ou figuras grotescas, son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas. Malia que non funcionan como desaugadoiros, tamén son popularmente coñecidas como gárgolas.