gónada
Grafías semellantes: gònada |
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo goné, xeración.
gónada (sg: gónada; pl: gónadas)
- (Anatomía) Glándula do aparato reprodutor que produce os gametos ou células sexuais: espermatozoides no caso do testículo e óvulos no caso do ovario. Actúan tamén como glándulas de secreción interna segregando testosterona, no primeiro caso, e estróxenos e proxesterona, no segundo.