testosterona
Galego
- Etimoloxía: do alemán Testosteron, termo cuñado presuntamente da unión da palabra latina testis 'testículo' coa primeira sílaba de sterol 'esterol' e o sufixo químico -one '-ona'.
- Pronuncia: /tes.tos.tɛ.ˈɾo.na̝/ (AFI)
testosterona (sg: testosterona; pl: testosteronas)
- (Fisioloxía) Hormona esteroide do grupo dos andróxenos propia dos mamíferos, réptiles, aves, e outros vertebrados. Nos mamíferos, esta prodúcese principalmente nos testículos dos machos e nos ovarios das femias, aínda que tamén se segregan pequenas cantidades polas glándulas suprarrenais. É a hormona sexual principal masculina e un esteroide anabólico.