gaita
Galego
- Pronuncia: /ˈɡaj.ta̝/ (AFI)
Substantivo feminino
gaita (sg: gaita; pl: gaitas)
- (Música) Instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nun tubo perforado (punteiro), provisto de cana e inserido dentro dun fol, que é a reserva de aire. O aire entra no fol a través dun segundo tubo, que ten unha válvula que impide a saída do aire provisto polos pulmóns do gaiteiro. Este comprime co seu brazo o fol para manter a saída de aire con son (tempero).
Termos relacionados
Véxase tamén
Traducións
- Bretón: binioù-kozh (br), binioù (br).
- Castelán: gaita (es).
- Esloveno: dude (sl).
- Francés: cornemuse (fr), biniou (fr) (en Bretaña).
- Inglés: bag pipe (en).
- Poema: Quero cantar sin gaita de Luis Pimentel, (Sombra do aire na herba, Vigo: Galaxia, 1959).