Galego

  •   Pronuncia: /gra.βi.'taɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

.

gravitar

  1. (Astronomía) Dar voltas un corpo celeste ao arredor doutro debido ás súas forzas da gravidade.
    • Exemplo: A Lúa gravita ao redor da Terra. Todos os planetas do sistema solar gravitan ao redor do Sol.

  2. (Figurado) Moverse unha persoa na área de influencia de algo ou de alguén.
    • Exemplo: En Galicia poucas persoas gravitan arredor da ideoloxía nacionalista.