Galego

  •   Pronuncia: /im.ˈpul.so/ (AFI)

  Substantivo masculino

impulso (sg: impulso; pl: impulsos)

  1. Acción e efecto de impulsar.
    • Exemplo: O novo goberno deulle un grande impulso á economía.

      .
  2. Desexo ou motivo afectivo que induce a facer algo de maneira precipitada, sen reflexionar.
    • Exemplo: O impulso do rapaz levouno a facer disparates.

      .
  3. Forza que fai moverse a un corpo.
    • Exemplo: O impulso que levou o foguete fíxoo chegar máis alto que a torre da catedral.

      .
  4. (Deportes) Forza necesaria para realizar un salto, exercicio, etc.
    • Exemplo: Botou unha carreira para coller impulso para saltar.

      .
  5. (Figurado) Forza interior imperiosa que leva a actuar dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Este home ten impulsos moi agresivos.

      .

Termos relacionados

tomar impulso