Galego

  •   Pronuncia: /ins.ti.ˈtu.to/ (AFI)

  Substantivo masculino

instituto (sg: instituto; pl: institutos)

  1. Centro oficial de ensinanza secundaria, especialmente de bacharelato
    • Exemplo: Meu neto empeza este ano a estudar no instituto

      .
  2. Centro destinado a estudos ou investigacións científicas, culturais, etc. de carácter superior.
    • Exemplo: Traballa no Instituto da Lingua Galega. Instituto de Belas Artes.

  3. Organismo oficial que se ocupa dun servizo concreto.
    • Exemplo: O Instituto Nacional de Emprego publicará hoxe novas ofertas.

  4. Establecemento público no que se presta un servizo ou coidado específico.
    • Exemplo: Onte miña muller abriu un novo instituto de beleza.

  5. Certo corpo militar ou congregación relixiosa.
    • Exemplo: A Guardia Civil é un instituto armado de carácter militar. Os institutos e organizacións relixiosas dependentes do bispado

      .

Termos relacionados

instituto de beleza