isohieta
Galego
- Pronuncia: [ isoˈjɛta̝ ] (AFI)
Substantivo feminino
isohieta (sg: isohieta; pl: isohietas)
- (Meteoroloxía) Liña imaxinaria nun mapa que une os lugares que teñen as mesmas precipitacións nun determinado tempo.
- Exemplo: As isohietas marcan os lugares coas mesmas choivas durante todo o ano.
Traducións
Adxectivo
isohieta (ms: isohieto; mpl: isohietos; fs: isohieta; fpl: isohietas)
- Femenino de isohieto.