lábaro
Galego
lábaro (sg: lábaro; pl: lábaros)
- (Historia) Estandarte romano.
- (Historia, Arte) Símbolo cristián moi utilizado na arte relixiosa formado polas dúas primeiras letras da palabra Cristo en grego (X (khi) e P (rho), abreviatura de XP(IΣTOΣ), Xesucristo), superpostas e pechadas nun círculo. É común que o monograma se complete coas letras alfa e omega, que representan a Xesús como principio e fin de tódalas cousas.
- Exemplo: Foi o emperador Constantino o Grande quen mandou debuxar o crismón sobre o seu lábaro tras velo en soños como garantía de victoria na batalla contra Magencio.
- Exemplo: Foi o emperador Constantino o Grande quen mandou debuxar o crismón sobre o seu lábaro tras velo en soños como garantía de victoria na batalla contra Magencio.