leite costro
Galego
leite costro
- (Zooloxía) Tipo de leite segregado no momento do parto e durante os primeiros 2-4 días do puerperio, de cor amarelenta e máis denso có leite maduro.
- Sinónimos: costro, formigo, leite tenreiro.
- Observacións: É especialmente rico en anticorpos cuxa misión é proporcionar inmunidade pasiva ó neonato e protexelo ante as enfermidades ata que sexa quen de producir os seus propios anticorpos. Tamén é máis rico en proteínas có leite normal. Outras denominacións populares son costros e costre.