Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «costro».

  Substantivo masculino

costro


singular plural
costro costros
  1. (Zooloxía) Tipo de leite segregado no momento do parto e durante os primeiros 2-4 días do puerperio, de cor amarelenta e máis densa có leite maduro.
    • Sinónimos: formigo, leite costro, leite tenreiro.
    • Observacións: É especialmente rico en anticorpos cuxa misión é proporcionar inmunidade pasiva ó neonato e protexelo ante as enfermidades ata que sexa quen de producir os seus propios anticorpos. Tamén é máis rico en proteínas có leite normal. Outras denominacións populares son costros e costre.
    • Exemplo: O costro de agosto saca o magosto.

Traducións