linfocito
Galego
- Etimoloxía: do latín lympha.
- Pronuncia: /liɱfoˈθito̝/ (AFI)
linfocito (sg: linfocito; pl: linfocitos)
- (Histoloxía) Célula sanguínea do grupo dos leucocitos. Representan entre o 25 e o 33% destes e prodúcense no tecido linfoide.
Observacións
Asumen un importante papel no sistema inmunitario adaptativo. Clasifícanse en linfocitos T (que participan na resposta inmunitaria celular) e linfocitos B (que participan na resposta inmunitaria humoral).