Galego

  •   Pronuncia: /ɔks.i.ðaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

oxidar

  1. (Química) Producir un óxido ao reaccionar un átomo ou unha molécula cun axente oxidante.
    • Exemplo: O oxíxeno oxida a case todos os metais.

  2. Cubrir algo cunha capa de óxido.
    • Exemplo: A chuvia oxidou o enreixado.

  Verbo pronominal

oxidarse

  1. (Química) Sufrir un proceso de oxidación.
    • Exemplo: Cando o ferro se oxida cóbrese de ferruxe.

  2. Cubrirse cunha capa de óxido.
    • Exemplo: As colleitadoras oxidáronse ao estaren paradas ao aire libre.