Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «páncreas».
  •   Pronuncia: /ˈpaŋ.kɾe̯.a̝s/ (AFI)

  Substantivo masculino

páncreas (sg: páncreas; pl: páncreas)

  1. (Anatomía) Órgano do aparello dixestivo e do sistema endócrino dos vertebrados. Nos seres humanos atópase na cavidade abdominal, xusto detrás do estómago e entre o duodeno e o bazo. Posúe función glandular mixta: endócrina e exócrina. Como endócrina secreta hormonas importantes tales como a insulina, o glicagón, o polipéptido pancreático e a somatostatina. Como exócrina secreta zume pancreático ao duodeno a través do conduto pancreático.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

  •   Pronuncia: /ˈpãŋ.kɾe.as/ (AFI)

  Substantivo masculino

páncreas (sg: páncreas; pl: páncreas)

  1. (Anatomía) Páncreas.