sistema endócrino

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sistema endócrino».
 
Principais glándulas endócrinas humanas.
(Masculinas na esquerda, femininas na dereita).
1. Glándula pineal 2. Hipófise 3. Tiroide 4. Timo 5. Glándula suprarrenal
6. Páncreas 7. Ovario 8. Testículo
  •   Pronuncia: /sis̪.ˈt̪e.ma/ /eŋ.ˈdo.kɾi.no̯/ (AFI)

  Locución substantiva feminina

sistema endócrino

  1. (Anatomía) e (Fisioloxía) O sistema endócrino é un conxunto de glándulas, órganos, tecidos e células especializadas na secreción interna que elaborar hormonas e as liberan directamente no sangue para que cheguen aos tecidos e órganos de todo o corpo. Estas hormonas controlan moitas funcións importantes, como o crecemento e o desenvolvemento do corpo, o metabolismo e a reproducción. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células. Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células e Regular o equilibrio do organismo (homeostase).

Sinónimos

sistema hormonal

Termos relacionados