pínnula
Galego
- Pronuncia: /ˈpiŋnula̝/ (AFI)
pínnula
- (Ictioloxía) Cada unha das pequenas aletas ríxidas que presentan algunhas especies de peixes (da familia Scombridae) na liña superior (entre a segunda aleta dorsal e a aleta caudal) e inferior (entre a aleta anal e a caudal) do pedúnculo caudal.
- Exemplo: O atún vermello ten 8-10 pínnulas dorsais e 7-9 anais.
- Exemplo: O atún vermello ten 8-10 pínnulas dorsais e 7-9 anais.
- (Botánica) Cada un dos folíolos dunha folla composta.
- Exemplo: A folla da mimosa ten moitas pínnulas pequenas.
- Exemplo: A folla da mimosa ten moitas pínnulas pequenas.
- (Astronomía) Placa metálica vertical dalgúns instrumentos, que serve para efectuar aliñacións ou medir ángulos grazas a unha abertura que ten.