peón
Galego
- Pronuncia: /peˈoŋ/ (AFI)
peón (sg: peón; pl: peóns)
- (Profesións) Profesional obreiro que realiza traballos non especializados ou traballa como axudante nalgúns oficios.
- Persoa que circula andando por unha cidade, vila ou vía asfaltada.
- Cada unha das oito pezas de menor valor no xogo do xadrez.
- (Xogo e xoguete) Peza de madeira esférica ou cónica, rematada en punta pola parte inferior, que se fai xirar (“bailar”) cos dedos.
- (Xogo e xoguete) Peza de madeira esférica ou cónica, rematada en punta pola parte inferior, que se fai xirar (“bailar”) cunha corda.
- (Profesións) Empregado cuxo traballo é de carácter manual.