Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pecado».
 
Os sete pecados capitais, por Hieronymus Bosch
  •   Pronuncia: /pe.ˈka.ðʊ/ (AFI)

  Substantivo masculino

pecado (sg: pecado; pl: pecados)

  1. (Relixión) Acto consciente que vai en contra dos preceptos relixiosos.
    • Exemplo: Non hai pecado que non se perdoe.

  2. (Relixión) Estado do que cometeu pecado.
    • Exemplo: Está en pecado

      .
  3. (Figurado) Cousa ou acciónque se aparta do recto e xusto, ou que falta ao que é debido.
    • Exemplo: Cometeu o pecado de esquecer o cumpreano do sobriño. É un pecado non poder ir á praia nun día tan espléndido

      .
  4. (Figurado) Exceso ou defecto en calquera aspecto.
    • Exemplo: É un pecado que comas tanto estando tan gordo. Foi un pecado non convidarmos á festa do teu cumperanos

      .
  5. (Figurado) Palabra malsoante
    • Exemplo: Este neno non di máis ca pecados!

Termos relacionados

de pecado, levar no pecado a penitencia, pecadento, pecado capital, pecado contra natura, pecado de omisión, pecado grave, pecado material, pecado mortal, pecado nefando, pecado orixinal, pecado solitario, pecado venial, pecador, pecaminoso, pecar.