pergameo
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués purgamẽo, do latín pergamīnum, e este do grego antigo περγαμηνή (pergamēnḗ, literalmente 'de Pérgamo', cidade famosa pola produción de pergameos).
- Pronuncia: /peɾɣaˈmeo̯/ (AFI)
pergameo (sg: pergameo; pl: pergameos)
- Pel de animal (normalmente de cabra, carneiro ou ovella) tratada de forma especial, curtida e estirada, para poder escribir sobre ela, ademais doutros usos.
- Sinónimos: pergamiño.
- Documento que se escribiu neste material.
- Exemplo: O pergameo Vindel contén as únicas cantigas coñecidas de Martín Codax.
- Sinónimos: pergamiño.
- Exemplo: O pergameo Vindel contén as únicas cantigas coñecidas de Martín Codax.