Galego

  •   Pronuncia: [ˈplɛ.βɪ] (AFI)

  Substantivo feminino

plebe (sg: plebe; pl: plebes)

  1. (Colectivo) (Historia) Estamento da sociedade da antiga Roma formado por persoas libres pero carentes dos privilexios relixiosos e políticos dos patricios.
  2. (Colectivo) (Historia) Por analoxía, estamento da sociedade medieval, formado por quen non integraban o clero nin a nobreza.
  3. (Colectivo) Por extensión, conxunto das capas populares baixas dunha sociedade, aínda que non sexa esta expresamente estamentaria. Neste sentido soe ser en ton despectivo.

Traducións